Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Educar a través da arte : Cara unha escola imaxinada / Vicente Blanco, Salvador Cidrás

por Blanco, Vicente; Cidrás, Salvador [autor/a]; Modia, Rocío [autor/a do material complementario].
Tipo: MonografíaSeries: Biblioteca de pedagoxía ; 10.Editor: Pontevedra : Kalandraka , 2022 Edición: 2ª ed.Descrición: 160p. : b/n ; 21,5 cm.ISBN: 9788484642145.Materia(s): arte | pedagoxíaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: A arte como acción creadora é o núcleo deste primeiro libro de temática pedagóxica de Vicente Blanco e de Salvador Cidrás, dirixido tanto ao profesorado en activo como a futuros docentes, especialmente de Educación Infantil e de Primaria, mais tamén de Secundaria. A través da creación artística, proponlles un modelo de traballo para iniciar verdadeiros cambios educativos, baseados no desenvolvemento de procesos persoais que foxen das respostas estereotipadas e convencionais. «Educar a través da arte» anima a abandonar métodos “directivos” en favor de alternativas que poñan en valor a diversidade e a diferenza. As metodoloxías interiorizadas e experimentadas ao longo da etapa escolar, así como as convencións socioculturais, poden limitar o desenvolvemento de accións innovadoras e de calidade se non hai unha toma de conciencia para interrompelas na formación inicial ou continua do profesorado. Tomando como referencia a teóricos que, como John Dewey, cuestionaron o papel estático da cultura, os autores defenden a práctica dun modelo “produtivo” -baseado no proceso- fronte ao modelo “reprodutivo” -que prima o resultadopredominante no sistema educativo actual. A diferenza das actividades pechadas e estáticas, que desdeñan a experiencia cotiá, o diálogo e o sentido crítico, as propostas de Vicente Blanco e de Salvador Cidrás favorecen a creación persoal dos estudantes e potencian a súa capacidade para transformar o mundo a través de infinidade de formas de expresión, técnicas e materiais. As experiencias “performativas” que recolle esta obra van dende o traballo co papel e co barro, ata o debuxo experimental. Estas e outras iniciativas recóllense na web do grupo de innovación educativa Escola Imaxinada, un colectivo composto por profesionais das artes, da arquitectura, da filosofía e da Educación Infantil e Primaria que tenta achegar ás escolas metodoloxías baseadas nas artes, ademais de contribuír ao deseño de espazos e recursos educativos de calidade.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
EEI Rúa Aragón
Sala préstamo
37 BLA edu Dispoñible PEA022000000855

A arte como acción creadora para iniciar verdadeiros cambios educativos, baseados no desenvolvemento de procesos persoais que foxen das respostas estereotipadas e convencionais.

A arte como acción creadora é o núcleo deste primeiro libro
de temática pedagóxica de Vicente Blanco e de Salvador Cidrás,
dirixido tanto ao profesorado en activo como a futuros docentes,
especialmente de Educación Infantil e de Primaria, mais tamén
de Secundaria.
A través da creación artística, proponlles un modelo de traballo
para iniciar verdadeiros cambios educativos, baseados
no desenvolvemento de procesos persoais que foxen das respostas
estereotipadas e convencionais. «Educar a través da arte» anima
a abandonar métodos “directivos” en favor de alternativas
que poñan en valor a diversidade e a diferenza.
As metodoloxías interiorizadas e experimentadas ao longo da etapa
escolar, así como as convencións socioculturais, poden limitar
o desenvolvemento de accións innovadoras e de calidade se non hai
unha toma de conciencia para interrompelas na formación inicial
ou continua do profesorado. Tomando como referencia a teóricos
que, como John Dewey, cuestionaron o papel estático da cultura,
os autores defenden a práctica dun modelo “produtivo” -baseado
no proceso- fronte ao modelo “reprodutivo” -que prima o resultadopredominante no sistema educativo actual.
A diferenza das actividades pechadas e estáticas, que desdeñan
a experiencia cotiá, o diálogo e o sentido crítico, as propostas
de Vicente Blanco e de Salvador Cidrás favorecen a creación persoal
dos estudantes e potencian a súa capacidade para transformar
o mundo a través de infinidade de formas de expresión,
técnicas e materiais.
As experiencias “performativas” que recolle esta obra van
dende o traballo co papel e co barro, ata o debuxo experimental.
Estas e outras iniciativas recóllense na web do grupo de innovación
educativa Escola Imaxinada, un colectivo composto por profesionais
das artes, da arquitectura, da filosofía e da Educación Infantil
e Primaria que tenta achegar ás escolas metodoloxías baseadas
nas artes, ademais de contribuír ao deseño de espazos e recursos
educativos de calidade.

Adultos/as

Coa tecnoloxía Koha