Educar a través da arte : Cara unha escola imaxinada / Vicente Blanco, Salvador Cidrás
por Blanco, Vicente; Cidrás, Salvador [autor/a]
; Modia, Rocío [autor/a do material complementario]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| EEI Rúa Aragón Sala préstamo | 37 BLA edu | Dispoñible | PEA022000000855 |
|
A arte como acción creadora para iniciar verdadeiros cambios educativos, baseados no desenvolvemento de procesos persoais que foxen das respostas estereotipadas e convencionais.
A arte como acción creadora é o núcleo deste primeiro libro
de temática pedagóxica de Vicente Blanco e de Salvador Cidrás,
dirixido tanto ao profesorado en activo como a futuros docentes,
especialmente de Educación Infantil e de Primaria, mais tamén
de Secundaria.
A través da creación artística, proponlles un modelo de traballo
para iniciar verdadeiros cambios educativos, baseados
no desenvolvemento de procesos persoais que foxen das respostas
estereotipadas e convencionais. «Educar a través da arte» anima
a abandonar métodos “directivos” en favor de alternativas
que poñan en valor a diversidade e a diferenza.
As metodoloxías interiorizadas e experimentadas ao longo da etapa
escolar, así como as convencións socioculturais, poden limitar
o desenvolvemento de accións innovadoras e de calidade se non hai
unha toma de conciencia para interrompelas na formación inicial
ou continua do profesorado. Tomando como referencia a teóricos
que, como John Dewey, cuestionaron o papel estático da cultura,
os autores defenden a práctica dun modelo “produtivo” -baseado
no proceso- fronte ao modelo “reprodutivo” -que prima o resultadopredominante no sistema educativo actual.
A diferenza das actividades pechadas e estáticas, que desdeñan
a experiencia cotiá, o diálogo e o sentido crítico, as propostas
de Vicente Blanco e de Salvador Cidrás favorecen a creación persoal
dos estudantes e potencian a súa capacidade para transformar
o mundo a través de infinidade de formas de expresión,
técnicas e materiais.
As experiencias “performativas” que recolle esta obra van
dende o traballo co papel e co barro, ata o debuxo experimental.
Estas e outras iniciativas recóllense na web do grupo de innovación
educativa Escola Imaxinada, un colectivo composto por profesionais
das artes, da arquitectura, da filosofía e da Educación Infantil
e Primaria que tenta achegar ás escolas metodoloxías baseadas
nas artes, ademais de contribuír ao deseño de espazos e recursos
educativos de calidade.
Adultos/as