000 02994nam a2200253 i 4500
997 0 0 _e2
008 240526s2022 sp ||||e |||| ||| ||glg d
017 _aPO 671-2019
020 _a9788484642145
080 _a37
100 _a Blanco, Vicente; Cidrás, Salvador
_eaut
_9196267
245 _aEducar a través da arte
_b: Cara unha escola imaxinada
_c/ Vicente Blanco, Salvador Cidrás
250 _a2ª ed
260 _aPontevedra
_b: Kalandraka
_c, 2022
300 _a160p.
_b: b/n
_c; 21,5 cm
490 _aBiblioteca de pedagoxía
_v; 10
500 _aA arte como acción creadora para iniciar verdadeiros cambios educativos, baseados no desenvolvemento de procesos persoais que foxen das respostas estereotipadas e convencionais.
520 3 _aA arte como acción creadora é o núcleo deste primeiro libro de temática pedagóxica de Vicente Blanco e de Salvador Cidrás, dirixido tanto ao profesorado en activo como a futuros docentes, especialmente de Educación Infantil e de Primaria, mais tamén de Secundaria. A través da creación artística, proponlles un modelo de traballo para iniciar verdadeiros cambios educativos, baseados no desenvolvemento de procesos persoais que foxen das respostas estereotipadas e convencionais. «Educar a través da arte» anima a abandonar métodos “directivos” en favor de alternativas que poñan en valor a diversidade e a diferenza. As metodoloxías interiorizadas e experimentadas ao longo da etapa escolar, así como as convencións socioculturais, poden limitar o desenvolvemento de accións innovadoras e de calidade se non hai unha toma de conciencia para interrompelas na formación inicial ou continua do profesorado. Tomando como referencia a teóricos que, como John Dewey, cuestionaron o papel estático da cultura, os autores defenden a práctica dun modelo “produtivo” -baseado no proceso- fronte ao modelo “reprodutivo” -que prima o resultadopredominante no sistema educativo actual. A diferenza das actividades pechadas e estáticas, que desdeñan a experiencia cotiá, o diálogo e o sentido crítico, as propostas de Vicente Blanco e de Salvador Cidrás favorecen a creación persoal dos estudantes e potencian a súa capacidade para transformar o mundo a través de infinidade de formas de expresión, técnicas e materiais. As experiencias “performativas” que recolle esta obra van dende o traballo co papel e co barro, ata o debuxo experimental. Estas e outras iniciativas recóllense na web do grupo de innovación educativa Escola Imaxinada, un colectivo composto por profesionais das artes, da arquitectura, da filosofía e da Educación Infantil e Primaria que tenta achegar ás escolas metodoloxías baseadas nas artes, ademais de contribuír ao deseño de espazos e recursos educativos de calidade.
521 _aADU
650 _aarte
_9196268
650 _apedagoxía
_9196269
700 _aModia, Rocío
_eamc
_956697
856 _uhttps://kalandraka.com/mpattachment/file/download/id/9413/